A dubiosa actuación do Estado contra a ludopatía

Nova entrada do OCC falando sobre as leis e regulación do xogo:

“Eu con 16 anos ía ao bar de aquí ao lado e non me pedían o DNI para apostar” con esta confesión daba lugar o comezo da nosa segunda reunión coa asociación AGAJA, palabras que dan que pensar sobre a regulación e a leis existentes, e por tanto do papel que desempeña o Estado en todo isto.

O acceso as máquinas de apostas, ou a lotarías do estado é moi doado para persoas de todas as idades. Sen embargo en sitios pechados que só se dedican ao xogo como o son as salas de apostas, quizais por que reciben un maior número de inspeccións, o control de idade está máis vixiado. Pero non só a idade, tal e como comentamos noutros artigo do blog, é un dos aspectos importantes da ludopatía.

Como se pode regular?

O noso círculo de reunión pensa que debería existir unha regulación por lei seria, igual que se fixo co alcohol ou co tabaco. Carlos adopta unha postura algo radical e considera que “hai que prohibir todo o que incite a unha enfermidade”

Sen embargo, a ludopatía é un negocio non só para as empresas que se dedican a facer negocios co xogo senón tamén para o propio Estado. O interese co que se move todo isto é o económico, polo que por freo a fomentar o xogo é algo que probablemente non se encontre nos plans do actual goberno. Ademais é unha enfermidade da que o Estado obtén gran cantidade de beneficios. Por outra parte, non fai nada pola rehabilitación dos ludópatas.

O Estado non axuda a este problema, non existen plans de axuda, nin tratamentos, nin grandes subvencións que poidan complementar o traballo que realizan as asociacións.

Como se pode cambiar isto?

Desde asociacións como AGAJA, ao igual que outras intentan que isto cambie, e facer chegar propostas a gobernos,  ou tamén colaborar con asociacións en conxunto para facer fronte ao problema.  As persoas do círculo teñen propostas como poden ser prohibir aos menores de 18 anos ir a salas de apostas, facer a quiniela ou simplemente mercar un boleto de lotaría. Outra medida que propuxeron foi regularización da publicidade a unha horas determinadas, pero en ningún momento propuxeron a prohibición total, xa que de novo aclaran que non todo o mundo que xoga é ludópata.

Ademais unha vez que a ludopatía pasa por algún familiar ou amigos, tómase outra conciencia e tamén son eles os que intentan mudar as cousas.

Tope máximo para apostar?

Unha opción da que se leva falando tempo é a de poñer un tope de cartos para gastar en apostas. Unha solución que non lle parece moi eficaz ao noso círculo, xa que tal e como nos explicaron, podes estar enganchado ao xogo con cinco euros coma con trescentos. Aínda que limitaran a cantidade, se o pouco que tes o gastas en xogar, sendo así a túa prioridade principal, e deixando de facer caso ao resto de persoas como poden ser familia e amigos, o problema seguiría existindo.

A lotaría de Nadal, co que máis recauda o Estado

A lotaría de Nadal é de onde o Estado quita máis cartos, e que a pesar de que nos parezan grandes premios os que reciben os gañadores, o maior premio é para el.

Por exemplo, neste último ano o sorteo da Lotaría de Nadal repartiu 2.310 millóns de euros, cun primeiro premio de catro millóns de euros por papeleta agraciada. Ponse a xogar esa cantidade cando en realidade o total son 3.300 millóns de euros. Polo tanto un 30% vai de maneira exacta para a administración e o Tesoro Público. En resumidas contas, so se pon en xogo o 70% do total.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro + cinco =